Enric Miralles
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de febreiro de 1955 ![]() Barcelona, España ![]() |
Morte | 3 de xullo de 2000 ![]() Sant Feliu de Codines, España ![]() |
Causa da morte | cancro de cerebro ![]() |
Lugar de sepultura | Igualada Cemetery (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Columbia Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona Universidade Politécnica de Cataluña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto , catedrático ![]() |
Empregador | Universidade Harvard ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
![]() |
Enric Miralles, nado en Barcelona o 25 de febreiro de 1955 e finado en Sant Feliu de Codines o 3 de xullo de 2000, foi un arquitecto catalán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou arquitectura en Barcelona, mudándose logo cara á Universidade de Columbia en Nova York. Comezou a súa andaina profesional no estudio de Albert Viaplana e Helio Piñon, onde permaneceu ata o ano 1983. O mesmo tempo foi mestre adxunto nas dúas universidades nas que estudara. Creou entón o seu propio estudio de Arquitectura xunto coa súa primeira muller, Carme Pinós, de onde saíron xa obras de proxección internacional.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c2/Jfader_santa_catalina.jpg/220px-Jfader_santa_catalina.jpg)
Cando Enric casou por segunda vez, desta volta coa italiana Benedetta Tagliabue, tamén arquitecta, reorganizou o seu estudio, que pasou a chamarse EMBT, e lograron traballos moi importantes dende diferentes partes do mundo. Os dous derradeiros anos da súa vida estivo dedicado ao seu máis importante proxecto, o Parlamento de Escocia. É unha obra de pleno "estilo Miralles", respectando o lugar e as tradicións (de xeito que se pode apreciar moi claramente, por exemplo, a influencia do arquitecto escocés Charles Rennie Mackintosh na mesma), creando "tensións visuais" que varían dependendo da posición que se escolla, a luz, a hora do día etc.
Na súa vida, Enric recibiu numerosos premios, como o León de ouro da Bienal de Venecia no ano 1996. Foi mestre en numerosas universidades de prestixio, incluíndo a cátedra "Kenzō Tange" da universidade Harvard, que ocupou dende 1992.
Morreu prematuramente os 45 anos de idade, e non puido rematar moitísimas das súas obras, incluíndo o Parlamento Escocés ou o edificio de Gas Natural en Barcelona.
A súa muller, Benedetta, mantén o estudio EMBT funcionando, e está a rematar as obras deseñadas por Enric, seguindo as súas ideas, á parte de gañar outros concursos sempre co estilo que tiña o arquitecto catalán.
Obras[editar | editar a fonte]
Algunhas das súas obras máis relevantes foron:
- Edificio de Gas Natural (Barcelona) -- póstumo
- Parlamento de Escocia (Edimburgo, Escocia) -- póstumo
- Campus das Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo (Vigo)
- Edificios dos Xulgados (Salerno, Italia)
- Concello (Utrecht, Países Baixos)
- Escola de Música para a Mocidade (Hamburgo, Alemaña)
- Mercat de Santa Caterina (Barcelona)
- Parque de Diagonal Mar (Barcelona)
- Seis vivendas (Ámsterdan, Países Baixos)
- Biblioteca Nacional do Xapón (Toquio, Xapón)
- Laboratorios da Universidad (Dresde, Alemaña)
- Centro Cívico (Balenyà, Cataluña)
- Pazo dos Deportes (Leipzig, Alemaña)
- Escola de Arquitectura (Venecia, Italia)
- Embarcadoiro (Tesalónica, Grecia)
- Cemiterio (Igualada, Cataluña)
- Centro Nacional de Ximnasia Rítmica (Alacant)
- Pavillón Heaven do Museo Tateyama (Tateyama, Xapón)
- Institut La Llauna (Badalona, Cataluña)
- Internado (Morella)
- Pavillón de Deportes (Huesca)
- Pavillón de Meditación (Unazuki, Xapón)
- Centro Social do Círculo de Lectores (Madrid)
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enric Miralles ![]() |